Novas
Feira Mindtech 2025
A Feira Internacional Mindtech 2025 celebrou a súa 4ª edición do 17 ao 19 de xuño no IFEVI de Vigo, consolidándose como un dos grandes referentes industriais do Polo Ibérico. Esta edición reuniu a máis de 200 empresas expositoras procedentes de máis de 20 países, reafirmando o seu carácter global e o seu papel estratéxico como escaparate internacional de industria 4.0, innovación tecnolóxica e solucións avanzadas para a transformación dixital e sostible.
Durante os tres días do evento, compañías líderes en sectores como automoción, defensa, robótica, ciberseguridade, intelixencia artificial, enerxía e automatización industrial presentaron as súas últimas innovacións. Paralelamente, os foros temáticos e xornadas técnicas abordaron retos crave vinculados á competitividade, sustentabilidade e dixitalización.
Presenza do Servizo de Licitacións Internacionais (SALT) da CEG
Nesta edición, o Servizo de Alertas e Licitacións Internacionais (SALT), impulsado pola Confederación de Empresarios de Galicia (CEG) en colaboración co Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE), tivo unha presenza activa en Mindtech desde a caseta da CEG.
O obxectivo principal foi dar a coñecer os servizos de apoio á internacionalización de empresas galegas, facilitando o seu acceso a licitacións e contratos financiados por organismos multilaterais. Ao longo da feira, o equipo de SALT estableceu contacto con empresas nacionais e internacionais do ámbito industrial e tecnolóxico, co propósito de fortalecer redes estratéxicas e xerar oportunidades de colaboración internacional.
Un dos momentos destacados foi a presentación do servizo SALT no “Speakers’ Corner”, un espazo reservado para compartir experiencias, casos de éxito e proxectos innovadores. Alí explicouse o funcionamento da ferramenta, as vantaxes que ofrece ás empresas e compartíronse exemplos reais de oportunidades abertas, promovidas por entidades como o Banco Mundial ou o Banco Interamericano de Desenvolvemento.
Non te perdas as oportunidades que ofrece o mercado multilateral! Rexístrache na nosa plataforma web SALT e poñerémonos en contacto contigo.