Compliance

Importancia do compliance

O Compliance xunto coa sustentabilidade, son dous elementos fundamentais en calquera análise que se realice sobre unha empresa. Por tanto, xa non basta con coñecer a conta de resultados, analizar as vendas, os produtos, os beneficios para valorar unha compañía, senón que a sustentabilidade e o compliance gañaron un espazo capital.

Hoxe en día a ninguén se lle escapa que os sistemas de cumprimento son un elemento crave na competitividade das empresas e que condiciona e farao cada día máis o seu acceso e éxito no mercado.

Isto é así tanto en relación con clientes privados como coa administración.

En relación cos primeiros: consumidores ou outras empresas, todos eles son cada vez máis conscientes e esixentes.

As empresas que xa contan cun sistema de cumprimento exercerán un efecto arrastre sobre as demais compañías provedoras ou colaboradoras.

Na actualidade, é preciso incorporar e combinar criterios de diversa natureza á hora de elixir compañeiros de viaxe no mundo empresarial: non é suficiente cun bo prezo ou cun bo produto, senón tamén en presentar e atender criterios de sustentabilidade e de cumprimento de modo sistematizado.

Tamén é así co acceso ás licitacións das diferentes administracións.