Novas

A Arxentina modernizará a administración e reforzará o goberno dixital co apoio do BID

O Banco Inter-Americano de Desenvolvemento (BID) aprobou un préstamo de 300 US$ millóns para financiar a operación Transformación do Estado Nacional I, a través da cal se pretende modernizar a administración pública, aumentar a súa eficiencia e afondar na súa dixitalización.

Os investimentos irán destinados a reformar a xestión do emprego público a través de procesos de selección baseados en méritos, implantar un novo sistema de xerencia dos recursos humanos e introducir programas de retiro voluntario.

Adicionalmente, financiaranse infraestruturas dixitais partilladas, a actualización das plataformas de compra pública e a modernización dos sistemas utilizados para xestionar activos públicos, co gallo de mellorar as capacidades dixitais do goberno. Preténdese así contribuír tamén á eficiencia, transparencia e planificación dos recursos tecnolóxicos gobernamentais, así como á interoperabilidade das súas operacións.

Este programa enmárcase na estratexia arxentina para modernizar e aumentar a eficiencia da súa administración pública. De igual maneira, a operación atópase aliñada coa Estratexia de País do BID coa Arxentina 2025-2028 e proporciona un cadro que permite o desenvolvemento a longo prazo de sucesivas iniciativas de transformación do estado tanto a nivel federal como sub-federal.

O préstamo facilitado polo BID ten un período de desembolso de catro anos e será financiado con recursos de Capital Ordinario do propio banco. Trátase esta da primeira operación dunha liña de crédito de ata 800 US $ millóns para proxectos de investimento (CCLIP).

Accede á noticia completa na seguinte ligazón.

Descubre as oportunidades de negocio que o Banco Inter-Americano de Desenvolvemento e outros organismos multilaterais ofrecen ao sector privado na América Latina e outras rexións do mundo. Rexístratena nosa plataforma web SALT e contactaremos contigo!