Novas
Xornada de Formación Técnica en Licitacións Internacionais
O próximo 14 de marzo a Confederación de Empresarios de Galicia celebrará a Primeira Xornada de Formación Técnica en Licitacións Multilaterais organizadas polo Servizo de Licitacións Internacionais SALT da CEG en colaboración coa consultora Karine Brück International, especializada na internacionalización de empresas mediante licitacións internacionais cunha bagaxe de experiencia de máis de 25 anos.
Esta Primeira Xornada (presencial e en liña) está dirixida a todas aquelas empresas do tecido empresarial galego interesadas en gañar contratos de subministracións, obras ou servizos con organismos de cooperación multilateral como ONU, BM, BID, BAfD, BAsD, etc.
As empresas que participen contarán cun servizo de asesoramento e acompañamento integral para formarse sobre como acceder e gañar proxectos internacionais nos Mercados Multilaterais e a través de Institucións Financeiras Internacionais (IFI). A formación terá por obxectivo:
1. Axudar ás empresas para identificar as súas fortalezas e debilidades para afrontar os procesos licitadores.
2. Identificación de oportunidades de negocio por sectores e procura de socios (consorcios, expertos, empresas lideres, etc).
3. Apoio individualizado no desenvolvemento de estratexias para a introdución nos mercados obxectivo.
4. Mellorar o nivel organizativo interno da empresa para responder eficientemente as ofertas.
5. Preparación de documentación técnica.
A data límite de inscrición para o primeiro taller é o venres 10 de marzo, sendo necesario o rexistro na plataforma web de Servizo de Licitacións da CEG – SALT. Para máis información poden poñerse en contacto co servizo a través do seguinte mail: salt@ceg.es