Novas

Taller formativo: Definición de estratexias de acceso ao mercado multilateral e constitución de consorcios

  • Presentación do Taller:
    • José Manuel Maceira Blanco (Secretario Xeral Adxunto da Confederación de Empresarios de Galicia – CEG)
    • Covadonga Toca Carús (Directora do Instituto Galego de Promoción Económica – IGAPE)
  • Relator: Javier Vallejo Poza
  • Modalidade: Híbrido. Presencial no Salón de Actos da CEG (Santiago de Compostela)
  • Data e hora: Mércores 18 de setembro de 2024 – 09:00 horas. Duración aproximada 5h (inclúe pausa-café)

O vindeiro mércores 18 de setembro a Confederación de Empresarios de Galicia (CEG) celebrará o taller formativo sobre Definición de estratexias de acceso ao mercado multilateral e constitución de consorcios organizado polo Servizo de Licitacións Internacionais SALT da CEG en colaboración con Javier Vallejo Poza, consultor con máis de 20 anos de experiencia en internacionalización empresarial no ámbito dos proxectos de asistencia técnica internacional e de cooperación ao desenvolvemento.

Este taller (presencial e en liña) está dirixido a todas aquelas empresas do tecido empresarial galego interesadas en ter éxito en convocatorias multilaterais. Cun enfoque eminentemente práctico, o obxectivo do taller é poñer ao dispor das participantes ferramentas útiles que lles permitan deseñar a base da súa propia estratexia de acceso ao mercado das licitacións internacionais, adaptada á súa empresa. Ademais, expoñerase a importancia da constitución de consorcios, o proceso de definición e procura do consorcio máis apropiado para cada proxecto, as ferramentas e estratexias para a detección de socios potenciais e algunhas estratexias prácticas de aproximación e contacto.

El contido do taller inclúe:

  • Contextualización das convocatorias multilaterais
  • Elaboración dunha estratexia de acceso e organización da empresa
  • Factores chave do éxito
  • Pautas prácticas sobre a constitución de consorcios
  • Definición e procura do consorcio máis apropiado para cada proxecto
  • Ferramentas e estratexias para a elección de socios potenciais
  • O proceso de aproximación e negociación con socios

Unha vez concluíse o taller, o relator estará ao dispor das empresas que desexen unha interacción presencial específica, organizándose unha pequena axenda de titorías en tal sentido.

A data límite de inscrición é o luns 16 de setembro, sendo necesario o rexistro na plataforma web de Servizo de Licitacións da CEG – SALT. Para máis información e inscripción no taller poden poñerse en contacto co servizo a través do seguinte mail: salt@ceg.es