Novas

Organización de pílula informativa: Contratos de consultoría en Corporate Procurement do Banco Mundial

  • Moderador: Servizo de Licitacións Internacionais SALT – CEG
  • Relatora: Iria Buxán Raposo
  • Modalidade: Virtual – Teams
  • Data e hora: martes 30 de maio de 2023 – 11.00 horas. Duración aproximada 30 min + Q&A

Contido:

O obxectivo desta pílula informativa é achegar ás empresas galegas, en especial, a aquelas especializadas no sector da consultoría ás oportunidades de negocio que o Corporate Procurement do Banco Mundial ofrece a nivel mundial.

A relatora compartirá a súa experiencia e percorrido profesional nas oportunidades de negocio enfocadas a contratos de consultoría que o Banco Mundial pon ao dispor das empresas de diversos sectores.

Ao final da presentación abrirase un tempo de preguntas e respostas para que as empresas poidan compartir as súas inquietudes e compartiranse con elas os materiais expostos durante o transcurso da pílula.

Puntos crave da pílula:

  • Pequena introdución das Institucións Financeiras Internacionais (IFIs) con foco no Grupo do Banco Mundial (BM/WB) e Banco Interamericano de Desenvolvemento (BID/IDB)
  • Preparación estratéxica para gañar consultorías:
    • Definición e identificación de oportunidades (áreas xeográficas e sectores, importancia dos temas transversais: traballo, xénero, ESG, e ciclo de vida dos proxectos: preparación e avaliación)
    • Procura e seguimento de oportunidades (RR.SS., sitios web oficiais, sistemas de alertas e seguimento, rede de contactos chave, rede de oficinas exteriores, participación en eventos, impartición de talleres, presentación e publicación de casos de éxito e artigos académicos…)
    • Presentación do noso perfil (CV nos formatos idóneos, cartas de presentación e pequenas biografías adaptadas aos ToR. Técnico especialista vs Xeralista.)
  • Oportunidades de negocio en contratos de consultoría en Corporate Procurement del Banco Mundial.
  • Reflexión final sobre as IFIs: Cambio de presidencias no BM e BID. Reflexión sobre a sustentabilidade dos modelos: operacional e financeiro. Aliñamento cos obxectivos do acordo de París (segundo metodoloxía correspondente) de todos os proxectos.