Novas
O BID financiará a rehabilitación, mantemento e planificación viaria do Uruguai con 200 millóns de USD
O Banco Interamericano de Desenvolvemento (BID) aprobou un préstamo de 200 millóns de dólares estadounidenses para sufragar obras de rehabilitación e conservación das rutas 8, 13, 39 e 15 da Rede Viaria Nacional (RVN) uruguaia.
Os contratos a aprobar terán unha duración de aproximadamente de sete anos e serán divididos en dúas fases. Unha primeira fase de dous anos que visa acometer os traballos de infraestrutura e rehabilitación de pavimentos. A segunda fase, que prevé estenderse durante cinco anos, perseguirá o mantemento dos estándares de calidade.
Todos os contratos de rehabilitación e mantemento serán de quinta xeración e responden á política pública da mellora da eficiencia no gasto público en viabilidade do Ministerio de Transporte e Obra Pública (MTOP), e que se desenvolve a través da Corporación Viaria do Uruguai (CVU). Amais, estes traballos alíñanse coa iniciativa Conexión Sur do Grupo BID para a promoción da conexión, o comercio e o crecemento sustentábel na América do Sur.
Desta forma, o programa financiado polo BID tamén incluirá mudanzas institucionais viradas para a mellora da planificación viaria e para o fortalecemento da xestión dos activos viarios.
Neste senso, preténdense cumprir cos obxectivos marcados na Estratexia País vixente no Uruguai, que establece como unha prioridade o investimento en infraestruturas destinado ao aumento da produtividade, da conexión territorial e da integración rexional.
Esta iniciativa intégrase no cadro da Liña de Crédito Condicional para Proxectos de Investimento (CCLIP) e terá un prazo de amortización de 22 anos e medio.
Accede á noticia completa na seguinte ligazón.
Descubre as oportunidades de negocio que o Banco Asiático de Desenvolvemento e outros organismos multilaterais ofrecen ao sector privado na América Latina e outras rexións do mundo. Rexístratena nosa plataforma web SALT e contactaremos contigo!


