Novas

España albergará a IV Conferencia Internacional de Financiamento para o Desenvolvemento

Nacións Unidas seleccionou a España como país anfitrión para albergar a IV Conferencia Internacional de Financiamento para o Desenvolvemento en 2025. O encontro supoñerá o impulso á mobilización de todas as políticas e os recursos para o desenvolvemento por parte da comunidade internacional, co obxectivo de implementar as políticas e mobilizar os recursos financeiros necesarios para a consecución da Axenda 2030 e os seus Obxectivos de Desenvolvemento Sostible a nivel global.

Na última década o mundo cambiou significativamente, asistimos a avances acelerados na dixitalización, a unha rápida evolución do panorama macroeconómico e financeiro mundial, e a crecentes riscos sistémicos, especialmente relacionados co cambio climático, as pandemias e os conflitos. Todas estas tendencias afectaron ao financiamento para o desenvolvemento resultando en que investimentos críticos para cumprir coa Axenda 2030 permanezan sen os fondos necesarios. Por iso, nunca foi tan urxente a celebración dun cume sobre o Financiamento para o Desenvolvemento, analizar os avances, reflexionar sobre os retos e redefinir a axenda acordada no último cume.

Esta será a 4ª Conferencia Internacional sobre o Financiamento para o Desenvolvemento tras as de Addis Abeba en 2015, Doha en 2008 e Monterrey en 2002. A elección de España como sede preséntase como unha ocasión única para demostrar a capacidade de liderado do país no logro de consensos, a apertura ao diálogo e a construción de pontes entre múltiples actores. Así como o seu compromiso coa implementación da Axenda.

Acceda á noticia completa na seguinte ligazón.

Para máis información e actualizacións sobre a IV Conferencia Internacional de Financiamento para o Desenvolvemento consulta a seguinte ligazón.