Novas

Curso práctico sobre os procedementos contractuais PRAG da Unión Europea

Para todos aqueles interesados en ampliar os seus coñecementos sobre os procedementos contractuais que rexen os contratos de consultoría, obra e subministracións poden acceder á versión en inglés do curso PRAG, coñecido como “Guía práctica de procedementos contractuais en accións exteriores da UE”, a cal, foi renovada para ofrecer información actualizada sobre os procedementos fundamentais aplicados a contratos públicos e de subvención no ámbito da acción exterior da Unión Europea.

Cunha estrutura dividida en 12 módulos e enfoques distintos (“Por que” e “Como”), este curso está dirixido ao persoal da Dirección Xeral de Asociacións Internacionais, tanto na sede como nas delegacións, así como a usuarios externos, incluíndo autoridades de países socios, axencias de cooperación, organizacións internacionais e da sociedade civil, entre outros.

Ao completar este programa, os participantes obterán:

  1. Unha visión xeral do contexto xeral da acción exterior da UE.
  2. Familiaridade coas normas e procedementos básicos aplicados a contratos de axuda exterior da UE e a súa implementación.

Para acceder a este curso podes seguir a seguinte ligazón.