Novas
Claves da pílula: Contratos de consultoría co Banco Interamericano de Desenvolvemento
O Servizo de Licitacións Internacionais – SALT continúa a liña de pílulas informativas comezada este pasado abril. Nesta ocasión, introduciuse ás empresas galegas ao mundo das oportunidades de negocio proporcionadas polo Banco InterAmericano de Desenvolvemento (BID), con especial énfase aos contratos de consultoría.
O Banco Interamericano de Desenvolvemento (BID) outorga financiamiento a países de América Latina e o Caribe para unha gran variedade de proxectos e programas de desenvolvemento adxudicándose cada ano, entre 20.000 e 30.000 contratos para estas operacións. Durante a pílula, incidiuse principalmente nos seguintes puntos:
- Ser capaces de identificar proxectos.
- Procura de mellor consorcio/líder.
- Preparar documentación administrativa.
- Presentar “expresións de interese”.
- Shortlist.
- Preparar ofertas técnicas.
- Gañar a licitación.
Respecto a as características destas licitacións, é esencial coñecer que se rexen polos documentos estándar de adquisicións aos que podemos acceder a través da seguinte ligazón: https://projectprocurement.iadb.org/es
O tipo de procedemento habitual é restrinxido, é dicir, calquera empresa de calquera estado doante poderá presentar unha solicitude de participación a unha convocatoria de licitación, pero só poderán participar aquelas empresas que entren en shortlist.
Pasos para as empresas á hora de administrar os Standard Bidding Document:
- Rexistro na plataforma de compras do BID.
- Poñer en valor a experiencia da nosa institución: Que sabemos facer e que actividades/proxectos desenvolvemos nos últimos anos?
- Encher a documentación requirida segundo os persoais do BID.
- Identificación de proxectos de interese.
- Procura do mellor consorcio o que supón maior robustez técnica e económica, maior probabilidade entrar shortlist, repartición do traballo, posibilidade socios locais, menor beneficio ao ser máis.
- Elaboración da Expresión de interese e xestión da documentación administrativa co obxectivo de entrar en shorlist: partner declaration (cadro financeiro e persoal), declaración de honra, referencias.
Unha vez entramos en shortlist recibiremos os pregos técnicos que incluirán:
- A carta de invitación.
- As instrucións aos consultores.
- A folla de datos.
- Proposta técnica.
- Proposta de prezos
- Países elixibles.
- Termo de referencia (TDRs).
Desde SALT apoiamos ás empresas en todo o proceso de licitación identificando licitacións personalizadas, asesorando en materia de lectura de pregos e requisitos da licitación, facilitando formularios e resolvendo dúbidas e consultas das empresas en calquera fase do ciclo do proxecto multilateral.
Rexístrache na nosa web e ponche en contacto connosco para recibir asesoramento!