Novas
A Comisión Europea presenta cambios crave na contratación de accións exteriores – PRAG 2025
O próximo 8 de maio celébrase o webinario “Changes in the EU External Actions Procurement: PRAG 2025”, organizado pola Comisión Europea – Dirección Xeral de Asociacións Internacionais (INTPA – DG International Partnerships), xunto con diversas representacións permanentes e axencias de comercio de países membros. O evento, realizado en modalidade en liña, reunirá a expertos e funcionarios europeos para abordar as novidades nos procedementos de contratación de accións exteriores baixo o novo PRAG 2025 (Practical Guide to Contract Procedures for EU External Actions).
Este evento está organizado co apoio de numerosas representacións permanentes dos Estados membros da UE e axencias de promoción comercial, como Germany Trade and Invest (GTAI), ICEX España Exportación e Investimentos, a Cámara Alemá de Comercio e Industria (DIHK), entre outros.
Co PRAG 2025, a Comisión Europea busca modernizar e facer máis eficiente o proceso de contratación para as súas accións exteriores, reforzando a transparencia, a eficiencia e o acceso de novas entidades aos fondos europeos.
As inscricións poden realizarse a través desta ligazón.
Se queres coñecer máis sobre as oportunidades de negocio que a UE e outras organizacións multilaterais ofrecen ao sector privado de todo o mundo, rexístrate na nosa plataforma web SALT e poñerémonos en contacto contigo!