Novas

Xornadas multilaterais en Costa do Marfil 2023 – ICEX

ICEX España Exportación e Investimentos xunto coa Oficina Económica e Comercial da Embaixada de España en Costa do Marfil, organiza as xornadas multilaterais en Costa do Marfil que se celebrarán do 12 ao 14 de xuño na cidade de Abiyán.

As xornadas incluirán encontros sectoriais con representantes das principais institucións de financiamento multilateral, a administración local e empresas públicas relevantes a efectos de licitacións, que actúan como axencias executoras.

Así mesmo, para as empresas que así o soliciten, elaborarase unha axenda individual de entrevistas con empresas locais do seu sector e entidades locais, co obxecto de facilitar a identificación de oportunidades concretas de cooperación e de socios locais cos que desenvolver proxectos.

Para máis información: https://www.icex.es/es/todos-nuestros-servicios/visitar-mercados/agenda-de-actividades/visor-actividades.jornadas_icex_multilateralesencostademarfil2023.act000202303