Novas

Xornada Consorcio Zona Franca de Vigo. Mércores de Internacionalización: Licitacións internacionais

O mércores 5 de xuño o Consorcio da Zona Franca de Vigo organiza unha xornada sobre licitacións onde se explicarán as oportunidades que representa o mercado multilateral.

Na xornada explicarase en que consisten as licitacións multilaterais, ciclo e xestión de proxectos multilaterais, as principais fontes de información e de identificación de oportunidades e compartiranse unha serie de recomendacións e consellos para presentar unha oferta. Este relatorio estará impartida por José Luis González, Técnico de promoción económica, consultor internacional e experto en licitacións.

O equipo do Servizo de Licitacións Internacionais – SALT que leva a Confederación de Empresarios de Galicia (CEG), en convenio co Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE), tamén participará na sesión para presentar a operativa deste servizo de axuda ás empresas galegas interesadas no mercado multilateral.

Despois dunha pausa café, completarase a xornada cunha mesa coloquio de empresas con experiencia en licitacións internacionais en diferentes sectores.

A inscrición é gratuíta e realizarase en formato híbrido. Ademais, ofrece a posibilidade de titorías personalizadas para resolver calquera dúbida.

PROGRAMA:

09:30 h – Benvida

09:35 h – Licitacións: Un mercado de oportunidades da man de organismos internacionais

10:35 h – Presentación Servizo de Licitacións Internacionais SALT  

11:00 h – Pausa café

11:20 h – Mesa coloquio: Experiencias de empresa galegas en licitacións internacionais

12:15 h – Preguntas e debate

Ligazón ao programa completo.

Ligazón de inscrición na xornada.

Se queres estar ao tanto desta oportunidade e outras oportunidades no mercado multilateral rexístrache na nosa plataforma web SALT e poñerémonos en contacto contigo!