Novas
Taller formativo en licitacións multilaterais. Preparación da oferta económica – Aspectos a ter en conta.
- Presentación do Taller:
- José Manuel Maceira Blanco (Secretario Xeral Adxunto da Confederación de Empresarios de Galicia – CEG)
- Relatoras:
- Karine Brück (Experta en licitacións internacionais en Karine Brück International)
- Modalidade: Híbrido
- Data e hora: Mércores 19 de febreiro de 2025 – 09:00 horas. Duración aproximada 5h (inclúe café networking)
O vindeiro mércores 19 de febreiro a Confederación de Empresarios de Galicia (CEG) celebrará o Taller Formativo en Licitacións Multilaterais: “Preparación da oferta económica. Aspectos a ter en conta” organizado polo Servizo de Licitacións Internacionais SALT da CEG en colaboración co Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE) e Karine Brück International, consultora especializada en facilitar a participación de empresas nacionais e internacionais en procesos de contratación e licitacións internacionais.
Este taller eminentemente práctico (presencial e en liña) está dirixido a todas aquelas empresas do tecido empresarial galego interesadas en ter éxito en convocatorias multilaterais.
O contido do taller inclúe:
- Análise do contexto da oferta.
- Escandallo global dunha oferta financeira e optimización dos fluxos financeiros do proxecto nos procedementos de EuropeAid e dos Bancos de Desenvolvemento.
- Ofertas de honorarios.
- Ofertas de prezo global.
- Ofertas de prezo global.
- Casos prácticos.
- Elaborar o seu escandallo de custos nun contrato de chave en man e de servizos.
- Cálculo da marxe adecuada.
- Entrega de 1 casos práctico de elaboración de escandallo de custos en IFIS.
Beneficios adicionais para participantes:
- Unha vez concluíse o taller, os relatores estarán ao dispor das empresas que desexen unha interacción presencial específica, organizándose unha pequena axenda de titorías en tal sentido.
Requisitos de inscrición:
- O único requisito para a participación nesta xornada é rexistrarse previamente no noso portal web de SALT.
- As empresas rexistradas no portal de SALT e interesadas en asistir poden confirmar a súa asistencia enviando un correo a salt@ceg.es
- A data límite de inscrición é o luns 17 de febreiro.
Para máis información poden poñerse en contacto co servizo a través do seguinte mail: salt@ceg.es.