Novas

Taller Formativo en Licitacións Multilaterais: “Por que se gaña e por que se perde un proxecto?”

  • Presentación do Taller:
    • José Manuel Maceira Blanco (Secretario Xeral Adxunto da Confederación de Empresarios de Galicia – CEG)
    • Representante do IGAPE
  • Relatores: 
    • Juan López de Zárate (Director en Scadi Global Consulting Enterprise, S.L.)
    • Estrella Redondo Morales (Experta en contratación internacional en Scadi Global Consulting Enterprise, S.L.)
  • Modalidade: Híbrido
  • Data e hora: Mércores 23 de outubro de 2024 – 09:00 horas. Duración aproximada 5h (inclúe café networking)

O vindeiro mércores 23 de outubro a Confederación de Empresarios de Galicia (CEG) celebrará o Taller Formativo en Licitacións Multilaterais: “Por que se gaña e por que se perde un proxecto?” organizado polo Servizo de Licitacións Internacionais SALT da CEG en colaboración co Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE) e Scadi Global Consulting Enterprise, S.L. (SCADI), consultora especializada en facilitar a participación de empresas nacionais e internacionais en procesos de contratación e licitacións internacionais, cun enfoque particular nos sistemas de compras da ONU.

Este taller eminentemente práctico (presencial e en liña) está dirixido a todas aquelas empresas do tecido empresarial galego interesadas en ter éxito en convocatorias multilaterais.

O contido do taller inclúe:

  • Introdución aos procesos de licitación internacionais. Quen é quen no mercado multilateral.
  • Tipos de licitacións, diferenzas entre elas e criterios de valoración de propostas (con exemplos reais).
  • Como e onde se captan as oportunidades de negocio: ferramentas en liña. Uso en tempo real dos portais de compras e como aproveitar ao máximo a información.
  • Introdución á nova plataforma/ERP de UNDP e as súas axencias colaboradoras: QUANTUM.
  • Alta de provedores no portal UNGM de Nacións Unidas.
  • Por que se gaña e por que se perde un proxecto: puntos crave do éxito e erros máis comúns.
  • Caso de estudo: elaboración dunha Expresión de Interese (EOI).

Beneficios adicionais para participantes:

  • Unha vez concluíse o taller, os relatores estarán ao dispor das empresas que desexen unha interacción presencial específica, organizándose unha pequena axenda de titorías en tal sentido.  

Requisitos de inscrición:

Para máis información poden poñerse en contacto co servizo a través do seguinte mail: salt@ceg.es