Novas
Taller Formativo en Licitacións Multilaterais: “O contrato de adxudicación e a súa execución. Aspectos técnicos e económicos a considerar”
- Relator: Karine Brück (CEO en Karine Brück International)
- Modalidade: Híbrido
- Data e hora: Mércores 2 de abril de 2025 – 09:00 horas. Duración aproximada 5h (inclúe café networking)
O mércores 2 de abril a Confederación de Empresarios de Galicia (CEG) celebrará o Taller Formativo en Licitacións Multilaterais: “O contrato de adxudicación e a súa execución. Aspectos técnicos e económicos a considerar” organizado polo Servizo de Licitacións Internacionais SALT da CEG en colaboración co Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE) e Karine Brück International, consultora especializada na internacionalización de empresas mediante licitacións internacionais, con máis de 25 anos de traxectoria no sector.
Este taller eminentemente práctico (presencial e en liña) está dirixido a todas aquelas empresas do tecido empresarial galego interesadas en ter éxito en convocatorias multilaterais.
O contido do taller inclúe:
- Carta de adxudicación provisional: Revisión dos documentos requiridos para a adxudicación, incluíndo a xestión de avais en contratos co Banco Mundial, a UE e Nacións Unidas.
- Características do contrato de adxudicación: Estrutura do contrato, xerarquía de documentos en licitacións internacionais e análise de cláusulas clave.
- Negociación ou sinatura directa cos Bancos de Desenvolvemento, a UE e Nacións Unidas.
- Execución do contrato: Desenvolvemento dun plan de execución eficiente, con cronogramas de actividades, táboas de custos e seguimento orzamentario. Identificación de desviacións e aplicación de medidas correctivas. Estratexias para xestionar modificacións contractuais e suspensión de proxectos.
- Commissioning e entrega definitiva: Procedementos de verificación e sinatura de actas de recepción parcial, provisional e definitiva.
- Casos prácticos.
Beneficios adicionais para participantes:
- Unha vez concluíse o taller, a relatora estará ao dispor das empresas que desexen unha interacción presencial específica, organizándose unha pequena axenda de titorías en tal sentido.
Requisitos de inscrición:
- O único requisito para a participación nesta xornada é rexistrarse previamente no noso portal web de SALT.
- As empresas rexistradas no portal de SALT e interesadas en asistir poden confirmar a súa asistencia enviando un correo a salt@ceg.es.
- A data límite de inscrición é o luns 31 de marzo.
Para máis información poden poñerse en contacto co servizo a través do seguinte email: salt@ceg.es