Novas
Rexistro e acceso ás oportunidades do Global Marketplace de Nacións Unidas
Nesta ocasión traemos unha breve guía detallada como rexistrar unha empresa no United Nations Global Marketplace (UNGM), a plataforma oficial para conectar provedores coas axencias da ONU. O proceso desagrégase nos seguintes pasos:
1. Creación e Activación da Conta
Visita UNGM.org e selecciona “Login and New Registrations”. Completa os datos solicitados, incluíndo o nome da túa empresa tal como figura nos documentos legais. Tras o rexistro, recibirás unha ligazón de activación no teu correo. Se non o ves, revisa a bandexa de spam ou solicita un reenvío. Unha vez activada a conta, procede co rexistro completo.
2. Formulario de Rexistro
Completa o formulario dividido en seis secciones clave:
- Datos Xerais: Información básica da túa empresa, incluíndo o nome legal e número de licenza.
- Dirección: Proporciona a localización oficial do teu negocio.
- Tipo de Rexistro: Define se a túa empresa operará a nivel nacional ou internacional.
- Contactos: Engade datos de contacto e, opcionalmente, convida a colegas para xestionar a conta.
- Codificación: Clasifica os teus produtos ou servizos utilizando o sistema UNSPSC.
- Declaración de Elixibilidade: Acepta os termos e verifica a información proporcionada.
Importante despois de completar cada é clicar en gardar antes de avanzar.
3. Xestión da presentación de ofertas
Na sección “Manage Agency Submissions”, verifica con que axencias da ONU asociouse o teu perfil. Podes axustar as túas preferencias e optar por niveis adicionais de rexistro (nivel 1 e 2) para contratos maiores. Algunhas axencias requiren formularios adicionais para estas categorías.
4. Acceso a Oportunidades de Negocio
Desde o panel principal, accede a licitacións mediante a sección “Tender Notices”. Filtra por organización, códigos UNSPSC ou datas. Algunhas licitacións requiren un interese previo expresado mediante un botón de “Express Interest”.
5. Supervisión e Niveis de Rexistro
Administra o teu estado de rexistro desde o panel “Dashboard”, onde podes verificar o teu número UNGM e o nivel de rexistro alcanzado. Para licitacións específicas, asegúrache de cumprir co nivel requirido pola axencia.
Tamén deixamos un vídeo explicativo no que vos guiasen pola plataforma de maneira máis visual.
Se queres obter máis información sobre oportunidades de negocio do mercado multilateral con axencias como as de Nacións Unidas e outros organismos que ofrecen ao sector privado, rexístrache na nosa plataforma web SALT e poñerémonos en contacto contigo!