Novas

República dominicana, un mercado de oportunidades

Unha diversidade de factores estratéxicos converteu República Dominicana no principal destino de investimento estranxeiro da rexión Latinoamérica nos últimos anos. A seguridade xurídica, o dinamismo económico, a localización privilexiada no centro do Caribe son algúns dos factores que contribuíron para que o país sexa un importante punto de ligazón comercial entre Europa, América do Norte e o resto de Latinoamérica.

Nesta xornada varios expertos analizarán a situación actual do mercado dominicano e as oportunidades existentes para as empresas de Galicia.

Por tal motivo, a Embaixada da República Dominicana en España, a Confederación de Empresarios de Galicia (CEG), a Confederación de Empresarios da Coruña (CEC) e o Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE) coorganizan a Xornada “REPÚBLICA DOMINICANA, UN MERCADO DE OPORTUNIDADE”, que terá lugar na Coruña, o xoves 9 de novembro, na Sede da CEC (Praza #Luis Seoane Torre 1 Entreplanta, 15008, A Coruña), das 11:00 ás 12:30.

Contará coa participación do Embaixador da República Dominicana #ante o Reino de España e Andorra, D. Juan Bolívar Díaz Santana.

PROGRAMA

10:30 a 11:00 Recepción dos asistentes.

11:00 Benvida.

Antonio Fontenla Ramil, Presidente da Confederación de Empresarios da Coruña (CEC).

Covadonga Toca Carús, Directora do Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE).

Juan Manuel Vieites Baptista de #Sousa, Presidente da Confederación de Empresarios de Galicia (CEG).

11:20 Palabras de apertura.

Juan Bolívar Díaz Santana, Embaixador da República Dominicana #ante o Reino de España e Andorra.

11:30 República Dominicana: un mercado de oportunidade.

José Manuel Vargas D’Oleo, Conselleiro – Responsable Sección Comercio, Investimento & Turismo da Embaixada República Dominicana en España.

11:55 Experiencias de empresas con presenza na República Dominicana.

12:20 Coloquio.

12:30 Café networking.

Contacte con info@ceg.es para inscribirse