Novas

Programa “Green Business Leader”

O IGAPE promociona o curso gratuíto “Green Business Leader”, impartido por Advanced Leadership Foundation (ALF) en colaboración co IFC – International Finance Corporation do Banco Mundial, The World Bank:

Data, horario e localización:

  • Luns, 15 de abril, de 10 a 14 horas
  • Edificio Fontán, Cidade da Cultura, Santiago de Compostela
  • Formato: Presencia

O Igape – Instituto Galego de Promoción Económica asume o custo do curso para persoal técnico, mandos intermedios ou directivos de empresa con domicilio social ou algún centro de actividade en Galicia.

Para inscripcións envía un correo a mat@igape.es. Debes inidicar o teu nome completo, o DNI, a empresa e o teu cargo. Ofrécense ata 50 prazas.