Novas
Por que facer negocios no Sudeste Asiático?: Razóns, oportunidades, formas, estratexias, publicacións
O Sueste Asiático é unha das rexións de máis rápido crecemento económico do mundo, ofrecendo unha contorna favorable para as empresas que buscan expandirse internacionalmente. En concreto, os países integrados na ASEAN (Asociacións de Nacións do Sueste Asiático): Malaisia, Indonesia, Brunei, Vietnam, Cambodia, Laos, Myanmar, Singapura, Tailandia e Filipinas, supoñen un mercado de máis de 625 millóns de habitantes, un PIB de máis de 2,5 billóns de dólares e unha forza laboral de máis de 300 millóns de traballadores, costituindo un mercado sumamente atractivo polas vantaxes e oportunidades que ofrece ao investidor estranxeiro.
As relacións económicas galegas co Sueste Asiático aínda son modestas, reflexo diso é o volume das exportacións galegas aos países integrados na ASEAN que, segundo os últimos datos publicados por DataComex, alcanzaron a cifra de 119 millóns de euros en 2023, destacando Indonesia como o principal destino destas exportacións cunha cota superior ao 20%. Este intercambio supuxo máis do 10% das exportacións galegas á rexión asiática, pero só un 0,43 % do total exportado.
Unha das principais razóns é a escasa relación histórica e o descoñecemento mutuo. Con todo, o peso económico e o potencial de crecemento nestes países é evidente e por iso, AVCO Legal e a Confederación de Empresarios de Galicia (CEG) coorganizan a Xornada “POR QUE FACER NEGOCIOS NO SUESTE ASIÁTICO?: RAZÓNS, OPORTUNIDADES, FORMAS, ESTRATEXIAS, PUBLICACIÓNS”, que terá lugar en Santiago de Compostela, o mércores 14 de febreiro, na Sede da CEG (Rúa do Vilar, 54), das 11:00 ás 13:00.
Contará coa participación director de AVCO Legal, D. Antonio Viñal.
PROGRAMA
I. INTRODUCIÓN
– Os retos empresariais
– Os indicadores sudesteasiáticos
– As respostas españolas: a) Públicas; b) Privadas.
– As perspectivas xerais
II. RAZÓNS
– Xeográficas
– Políticas
– Económicas
– Sociais
– Estratéxicas
III. OPORTUNIDADES
– Plans de desenvolvemento económico e social
– Sectores
– Nusantara
– China + Uno
IV. FORMAS
– Exportación: Barreiras arancelarias e non arancelarias. Tratados de libre comercio
– Establecemento: a) Oficinas de representación; b) Sucursais; Filiais.
– Franquía
– “Joint-Ventures”: a) Contractuais; b) Societarias.
– Representación
V. SOCIOS
– Necesidade
– Procura
– “Due Diligence”
VI. ESTRATEXIAS
– Mercados e regras de xogo
– Cultura corporativa, empresarial e institucional
– Actividade presencial, paciente e prolongada
– Misións comerciais versus “Matchmaking business meetings”
– Concepto do tempo
– Contratación de empregados locais e expatriados
VII. PUBLICACIÓNS
VIII. CONTACTOS
Para inscribirse contacte connosco en salt@ceg.es .