Novas
Oportunidades para o sector da enxeñería en Asia co Banco de Desenvolvemento Asiático – Xornadas ICEX
O próximo 25 de setembro, en horario español de 10h a 11:30h, ICEX España Exportación e Investimentos e TECNIBERIA organizan esta conferencia virtual en colaboración coa Oficina Económica e Comercial de España en Manila.
A conferencia ten como obxectivo principal informar e achegar ás empresas españolas do sector da enxeñería ás oportunidades que ofrece o Banco Asiático de Desenvolvemento (BAsD) nos países nos que opera cun enfoque particular en sectores como a auga, a enerxía e o transporte.
O BAsD é unha entidade financeira de renome internacional que desempeña un papel crucial no desenvolvemento de infraestruturas en Asia.
Os temas clave que se abordarán durante esta conferencia virtual inclúen:
- Overview do Banco Asiático de Desenvolvemento.
- Carteira de proxectos por rexións e sectores.
- Información sobre licitacións.
- Selección de servizos de consultoría.
- Recomendacións xerais para empresas españolas.
Para maior información e inscricións acceda na seguinte ligazón: BAsD: Oportunidades para enxeñerías españolas 2023 (icex.es)