Novas
O Grupo Banco Mundial abre oficina en Madrid para afondar na súa colaboración co capital privado español
O Grupo Banco Mundial anunciou o luns 29 de xuño la abertura das súas novas instalacións na Plaza de la Lealtad de Madrid, tornándose estas na primeira oficina do organismo multilateral en España. Con ela, o Grupo espera reforzar a participación do capital privado estatal e as iniciativas de desenvolvemento, con especial atención á creación de emprego. Todas as institucións que reúne o Grupo Banco Mundial son arrexuntadas nestas novas dependencias, as cales procuran que se convertan nun punto de contacto reforzado col Goberno de España, o sector privado, a academia e a sociedade civil.
España é un dos principais socios do Banco Mundial, cun historial de colaboración de case 70 anos. España participa como accionista do Banco Mundial y amasi colabora en programas relacionados coa financiación sustentábel, a adaptación ás mudanzas climáticas, as infraestruturas, a saúde, a migración e o apoio a países con alto nivel de débeda. Alén diso, as empresas españolas contan cunha carteira de aproximadamente 5 mil millóns de dólares en mercados emerxentes a través da Corporación Financeira Internacional (IFC) e a Axencia Multilateral de Garantía (MIGA) con empresas españolas en mercados emerxentes.
Á inauguración da oficina acudiron o presidente da IFC, Makhtar Diop, e o vicepresidente primeiro do Goberno e o ministro de Economía, Comercio e Empresa Carlos Cuerpo, para selar un acordo de colaboración. Así, Diop salientou que “España achega unha ampla experiencia en sectores esenciais para o desenvolvemento sustentábel, como a auga, as infraestruturas, o turismo y máis a industria manufactureira. A nova oficina permitiranos colaborar máis estreitamente con empresas, inversores e institucións españolas para mobilizar capital privado, ampliar o investimento nos mercados emerxentes e axudar a converter as oportunidades en postos de traballo e medre económico.”
Pola súa banda, Carlos Cuerpo afirmou que “A nova oficina abrirá oportunidades para as nosas empresas e a sociedade civil que traballa no ámbito do desenvolvemento, y servirá de ponte entre o financiamento europeo para o desenvolvemento e a América Latina e a África.”
Un dos principais obxectivos desta abertura é facilitar ás empresas españolas o acceso directo ao financiamento, ás ferramentas de mitigación de riscos e á experiencia nos mercados emerxentes das que goza o Grupo Banco Mundial.
Accede á noticia completa na seguinte ligazón.
Descubre as oportunidades de negocio que o Banco Mundial e outros organismos multilaterais ofrecen ao sector privado en todo o mundo. ¡Rexístrate na nosa plataforma web SALT e entraremos en contacto contigo!


