Novas

Novas funcionalidades na web de SALT para usuarios rexistrados

Desde o Servizo de Licitacións Internacionais da CEG (SALT), seguimos reforzando o noso apoio ás empresas no seu proceso de internacionalización multilateral. Con este obxectivo, incorporamos dúas novas seccións na web de SALT: “Consorcios” e “Recursos”, deseñadas para fomentar a colaboración entre empresas e facilitar o acceso a información crave.

Nova funcionalidade “CONSORCIOS”

Para incentivar a colaboración entre empresas rexistradas, habilitamos este espazo onde as empresas galegas poderán conectar e buscar socios para participar conxuntamente en procesos de licitación internacional.

Funcionamento da sección para clientes SALT:

  • Un usuario rexistrado (usuario A) completa un formulario con información sobre a súa empresa, datos de contacto, título do anuncio e breve descrición do proxecto, tipo de contrato, sector e duración da publicación.
  • Os técnicos de SALT revisarán e moderarán o anuncio, notificando a outras empresas usuarias que, polas súas características, poderían estar potencialmente interesadas.
  • Outro usuario rexistrado (usuario B) poderá acceder á proposta e obter a información pública dispoñible na web (título, data de expiración do anuncio, tipo de contrato, sector e breve descrición do proxecto).
  • Para coñecer os detalles de contacto (do usuario A) será necesario contactar co equipo SALT a través do correo salt@ceg.es.

Con estas novas funcionalidades, en SALT reforzamos o noso compromiso de dotar ao empresariado galego de ferramentas estratéxicas que incrementen a súa competitividade e as súas oportunidades de éxito no mercado multilateral.

Novo apartado “RECURSOS”

Esta sección ofrecerá documentos relevantes para mellorar a súa competitividade en licitacións internacionais, incluíndo guías de compras, estratexias país e outra materiais clave.

Os documentos poderán filtrarse por organismo (Banco Mundial, Nacións Unidas, Unión Europea etc.)/ etc.) e por rexión, permitindo así unha procura máis eficiente.

A descarga de documentos estará dispoñible exclusivamente para usuarios rexistrados.

Lembra que é necesario estar rexistrado para poder gozar destas novidades na web de SALT e aproveitar todas as súas vantaxes.

Completa o teu rexistro aquí e poñerémonos en contacto contigo.