Novas

Ideas clave das xornadas Spring Meetings do Grupo Banco Mundial-FMI de 2023

As “Spring Meetings” do Fondo Monetario Internacional (FMI) e do Grupo do Banco Mundial levaron a cabo do 10 ao 16 de abril de 2023 en Washington, D.C. reunindo a ministros de desenvolvemento e finanzas, banqueiros centrais, académicos, políticos e líderes empresariais. Ditas xornadas centráronse en discutir temas globais de relevancia co fin de crear un mundo sen pobreza, fortalecer o desenvolvemento económico e a eficacia da axuda.

Durante as reunións, tomáronse medidas para aumentar a capacidade de préstamo do Banco Internacional de Reconstrución e Fomento (BIRF) en ata $50 mil millóns durante os próximos 10 anos. Estas medidas inclúen un piloto de capital híbrido, a revisión da relación mínima entre capital e préstamo do banco ao 19% e a ampliación do programa de garantías bilaterais. Estes cambios representan un paso significativo para mellorar a capacidade do banco para abordar os desafíos do desenvolvemento e dirixir os recursos cara a cuestións globais críticas.

A loita contra a crise climática foi un tema central durante as reunións, e salientouse o papel do Grupo do Banco Mundial en ofrecer axuda directa, supervisar, executar e validar o impacto climático dos proxectos. O investimento en capital humano foi outro dos temas que se trataron como ferramenta de gran valor á hora de afrontar os retos climáticos.

A sustentabilidade da débeda nos países en desenvolvemento tamén foi un tema importante. Os países en desenvolvemento enfrontan os seus niveis máis altos de débeda en 50 anos, e deseñáronse estratexias para acelerar o proceso de reestruturación da débeda para facelo máis efectivo. Considerouse que a mellora do intercambio de información, incluído o intercambio de prognósticos macroeconómicos e avaliacións da sustentabilidade da débeda, era esencial.

Por último, destacouse a importancia da xustiza social e a necesidade de mellorar a parte social do desenvolvemento sostible e o crecemento económico. Sinalouse a disparidade entre o aumento dos salarios e o crecemento da produtividade laboral e a necesidade de que os salarios reais aumenten en liña coa inflación e o crecemento da produtividade. Tamén se presentou a “Iniciativa UE para Ucraína” para axudar na reconstrución e recuperación de Ucraína mediante a creación dun fondo fiduciario con contribucións dos membros da UE, a Comisión Europea, outros países e doantes.

Para máis información: https://www.worldbank.org/en/meetings/splash/spring