Novas

ICEX celebrou o seu 40 aniversario

ICEX España Exportación e Inversiones celebrou en novembro o 40 aniversario da súa fundación, nunha xornada baixo o lema “Pensando o futuro”. O acto foi clausurado pola súa Maxestade o Rey Felipe VI.

Durante clausura do acto, don Felipe sinalou que “ICEX desempeñou un papel moi relevante no proceso de apertura de España que nos converteu no país que somos: aberto, dinámico e cunha mirada posta no futuro das nosas empresas”. Así mesmo, afirmou: “Estou seguro de que ICEX seguirá evolucionando, crecendo, cumprindo coa súa misión, sempre cunha continua e necesaria capacidade de adaptación”.

O evento, que inaugurou a secretaria de Estado de Comercio e presidenta de ICEX, a pontevedresa Xiana Méndez, estruturouse en dous paneis: o primeiro, “De onte a hoxe: fitos e traxectoria” virou ao redor da experiencia de antigos responsables da institución; e no segundo, “O ICEX dos próximos 20 anos” varias empresas achegaron a súa experiencia en internacionalización.

ICEX ten a misión clara de contribuír á competitividade da economía española a través da internacionalización. Ao longo destes 40 anos, ICEX variou o seu catálogo de programas e servizos e apostou por novos sectores, novos tipos de empresa e novas ferramentas de internacionalización, como a sustentabilidade e a dixitalización.

Ademais, na última década, ICEX ampliou o seu mandato que inicialmente só era o apoio á internacionalización e hoxe inclúe ademais a atracción de investimento estranxeiro e a formación para a internacionalización.