Novas

Feira de Navalia 2024

A 9ª edición de Navalia consolídaa como a primeira feira de España no sector da construción naval e consegue situarse entre as tres primeiras do sur de Europa. A feira, de carácter bienal, celébrase cada dous anos.

Entre os sectores que contaron con representatividade destacamos:

  • Construción naval
  • Industria offshore
  • Asociacións
  • Institucións e entes públicos
  • Servizos marítimos
  • Industria auxiliar
  • Servizos de enxeñería
  • Armadores
  • Servizos financeiros
  • Autoridades portuarias e seguridade marítima

A feira conta con máis de 900 marcas representadas e 400 expositores e, na súa última edición, acolleron ao redor de 20.000 visitantes. Estas cifras falan da importancia de Vigo como potencia internacional da construción naval, pois só desde ese liderado industrial pódese organizar un escaparate da potencia e relevancia de Navalia.

Neste sentido, desde o equipo SALT, decidiuse asistir á feira xa que se presentaba como unha oportunidade para coñecer en maior profundidade o sector naval galego e captar empresas con interese en internacionalizar os seus servizos a través das oportunidades de negocio que ofrece o mercado multilateral.

As empresas que foron identificadas con maior potencial de acceso a licitacións internacionais foron informadas sobre a operativa do Servizo en Licitacións e Alertas Internacionais (SALT) que leva a Confederación de Empresarios de Galicia (CEG) en convenio co Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE).

Os diversos organismos internacionais como o Banco Mundial, Banco Interamericano de Desenvolvemento ou Nacións Unidas ofrecen ao sector privado unha serie de oportunidades de negocio que poden ser descoñecidas para as empresas galegas e, por iso, a divulgación e o traballo informativo é esencial para aumentar as posibilidades de internacionalización do tecido empresarial galego.

De entre os sectores con máis recorrencia de licitacións que identificamos podemos destacar:

  • Construción de buques, patrulleiras, embarcacións, pesqueiras
  • Subministracións de material e equipamento marítimo
  • Servizos de enxeñería marítima
  • Construción e mantemento de portos
  • Simuladores de ponte de mando de barco

Se queres estar ao tanto desta oportunidade e outras oportunidades no mercado multilateral rexístrache na nosa plataforma web SALT e poñerémonos en contacto contigo!