Novas
Claves da pílula: O sistema de compras de Nacións Unidas – Un mercado de oportunidades para as empresas galegas.
O sistema de compras de Nacións Unidas é un mercado de oportunidades para as empresas que desexan internacionalizarse. O obxectivo principal desta acción informativa foi mellorar o coñecemento das empresas sobre esta via de internacionalización e facilitar o seu acceso ao sistema de compras de Nacións Unidas.
Acceder ao sistema de compras de Nacións Unidas ofrece vantaxes para as empresas:
- Na maior parte dos casos non é necesaria a implantación no país
- Non é necesario coñecer a normativa local
- Non é necesario estar rexistrados ou clasificados no país
- Non se esixen homologacións de títulos profesionais
- Procedementos estandarizados.Pódese licitar a distintos países coñecendo un único procedemento
- Procedemento de adxudicación sometido a gran transparencia
- Totais garantías xurídicas ou de cobranza
- Prestixio empresarial que xera traballar estes organismos
Nacións Unidas conta coa Oficina das Nacións Unidas de Servizos para Proxectos, que traballa en nome de máis de trinta departamentos e organizacións da ONU. Os provedores potenciais poden obter información a través do seu portal web (http://www.ungm.org/ ) e do portal de adquisicións (https://www.un.org/es/procurement/info/index.shtml ), onde se atopan os tipos de equipos, bens e servizos adquiridos.
A inscrición e xestión de provedores no sistema de Nacións Unidas consta de tres niveles: básico (adxudicacións inferiores a 150.000 USD), nivel 1 (adxudicacións entre 150.000 e 500.000 USD) e nivel 2 (adxudicacións superiores a 500.000 USD). Cada nivel require información e documentos específicos para completar o proceso de rexistro.
Para identificar oportunidades de negocio, existen diferentes fontes de información, como o portal de adquisicións de Nacións Unidas (https://www.ungm.org/ ), o servizo de alertas de licitacións (https://www.ungm.org/public/tenderalertservice ) e o apartado de adxudicacións de contratos (https://www.ungm.org/public/contractaward ).
Para participar nestas licitacións é necesario levar a cabo un traballo de preparación previa que unha vez realizado serviranos para sucesivas licitacións. Respecto a a Documentación Legal e Financeira que debemos ter preparada, sempre con tradución xurada en inglés:
- Escritura/s de Constitución da sociedade
- Poderes
- Certificados do Rexistro Mercantil
- Balances anuais, contas auditadas
- Negociación liñas de avais
E en canto á Documentación Técnica é recomendable ir preparando:
- Listaxes de proxectos con especificacións financeiras e técnicas
- Listaxes de equipos/recursos
- Certificados de traballos realizados ü Curriculums de expertos
- Certificados de Sistemas de Xestión: ISO 14.001, OHSAS 18.001, ISO 9.001, UNE 166.002, etc.
Desde SALT apoiamos ás empresas en todo o proceso de licitación identificando licitacións personalizadas, asesorando en materia de lectura de pregos e requisitos da licitación, facilitando formularios e resolvendo dúbidas e consultas das empresas en calquera fase do ciclo do proxecto multilateral.