Novas

Aberto o prazo de inscrición para a Feira de Oportunidades de Negocios, BOF 2024 (12ª Edición) do Banco Asiático de Desenvolvemento

O Banco Asiático de Desenvolvemento (BAsD) iniciou o proceso de rexistro da Feira de Oportunidades de Negocios ou BOF 2024, polas súas siglas en inglés (Business Opportunities Fair), que se celebrará os días 9 e 10 de outubro de 2024 na sede central do Banco en Manila (Filipinas). Esta constitúe a 12ª Edición da Feira, a segunda presencial tras a pandemia.

O evento, de carácter anual, serve como punto de encontro entre empresas e outros actores interesados nas oportunidades de licitación que ofrece o BAsD. A principal finalidade da Feira é achegar a consultores e provedores aos procedementos de licitación do Banco para que poidan aproveitar as oportunidades de negocio en proxectos financiados por esta institución. Ademais, a Feira está especialmente deseñada para conectar a provedores, contratistas, consultores e outros socios comerciais cos oficiais de proxectos do BAsD e representantes gobernamentais, supoñendo unha oportunidade única en termos de networking para que profesionais, empresas e entidades especializadas mostren a súa experiencia e solucións innovadoras.

A BOFdemostrou ser unha excelente oportunidade para establecer contactos na industria e con especialistas do BAsD en varios sectores, incluíndo enerxía, transporte, desenvolvemento urbano, auga, cambio climático, agricultura, educación e saúde.

A información detallada sobre o evento, incluíndo o proceso de rexistro, está dispoñible na páxina web oficial da BOF 2024.

Se queres estar ao tanto desta oportunidade e outras oportunidades no mercado multilateral rexístrache na nosa plataforma web SALT e poñerémonos en contacto contigo!